V Festa do Atletismo Galego – Peregrina 2020

(las notificaciones de bajas hasta el 12 de agosto al correo  atleriasbaixas@gmail.com)        STREAMING

O Observatorio presenta a súa guía básica de eventos

O Observatorio do Atletismo Galego presenta unha Guía Básica de Eventos coa finalidade de axudar ós diferentes clubes que realizan as súas primeiras actividades. Esta guía será de utilidade tamén para entidades oficiais como concellos ou deputacións e outras institucións que decidan acoller este tipo de eventos deportivos.

Un dos obxectivos iniciais da Guía Básica de Eventos é tamén buscar unha progresiva implantación de diferentes elementos que fagan crecer os eventos en relación á súa imaxe e repercusión social, impacto económico e efecto retorno para as diferentes localidades colaboradoras, patrocinadores e colaboradores.

Algúns dos aspectos que se destacan nesta guía son seguridade e saúde, marketing e comunicación, patrocinios, premios, recursos humanos, calidade deportiva dun evento e institucións.

Guía básica para eventos-OAGA

 

 

Compartir: