Resultados

Cara e cruz para os equipos galegos na liga feminina Máster

Sorte dispar para os dous clubs femininos galegos Máster que tomaron parte no Campionato Nacional de Liga de Primeira e Segunda División.

Namentras que o Samertolomeu de Moaña que competía na máxima categoría do atletismo Máster, non puido evitar o descenso, o Club Atletismo Sada que tomaba parte no encontro de Segunda División, acadaba ó ascenso á elite nacional, polo que o atletismo galego seguirá un ano máis estando representando nesta categoría.

As de Moaña competiron nun moi complicado escenario disputado en Málaga xunto ós mellores equipos do estado destacando os triunfos de Elisabeth Pazo en peso así como os postos de honra de Rosa Ana Santos, Marta García, Araceli Salgueiro, Cristina Estévez (altura e lonxitude) e de María de los Angeles Bernárdez. Ó remate descenso de categoría para o Samertolomeu quen ocuparía a sétima posición nun encontro gañado polo Playas de Castellón, onde tomaba parte Esther Pedrosa quen gañaría a súa proba de 3.000 con récord do campionato de 11:01.38.

Si esto sucedía en Málaga, na localidade madrileña de Tres Cantos acontecía todo o contrario cas representantes do Club Atletismo Sada. Un sólido e compacto equipo galego, conseguiu o ascenso ó impoñerse nun axustadísimo octagonal ó Atletico Rentería, onde chegarían a empatar a puntos decidindo a favor das sadenses os mellores postos acadados.

Destacaron na competición o triunfo da marchadora internacional nos anos 80 Rosa Sierra nos 3.000 marcha e os postos de podio de Concha Novais, Mª Nieves Vázquez, Helena Rey (altura e disco), Beatriz González e o equipo de relevos do 4×100.

Resultados Primera División Feminina por Clubs Máster

Resultados Segunda División Feminina por Clubs Máster

Compartir: