Resultados en directo

Importante presenza galega ca selección nacional neste mes de xullo.

O mes de xullo está a ser intenso e prolífero en canto a actividade atlética. As distintas competicións de índole nacional e autonómico, sumáselles as citas internacionais na que as/os nosas/os atletas están a ter un importante protagonismo.

Para este mes, serán catro as grandes citas internacionais as que temos por diante onde contaremos con presencia galega.

XXIII Copa de Europa de 10.000 m. Londres, 6 de xullo

Nesta importante cita do fondo continental, o noso atletismo estará representado por Carmela Cardama e Esther Navarrete. A do Comesaña quen ven de chegar do seu importante e exitoso periplo por terras norteamericanas que a levarían a establecer a mínima de participación de 32:55.50,  estará acompañada por Esther Navarrete a cal foi seleccioada a última hora para completar o cadro hispano grazas ós seus 33:23.98.

Copa de Europa Sub23. Gavle (SWE), 11/14 de xullo de 2019.

Un total de catro atletas galegas/os serán os que acudan ca selección nacional a tomar parte no Campionato de Europa Sub23, logo de efectuar recentemente en Tarragona un destacado Campionato de España.

Saleta Fernández será a representate no concurso de altura onde acude despóis de realizar súa mellor marca con 1.87 m. que representou un novo récord galego. Adrián Ben e Tariku Novales serán quenes tomen parte nas probas de medio fondo e fondo onde o primeiro deles competirá nos 1.500 m. logo de acadar o título nacional sub23 e acreditar unha mellor marca de 3:40.94. O de Noia, pola súa banda que fora bronce no nacional da súa categoría, tomará parte nos 5.000 m. acudindo a cita cuns excelentes 13:33.08.

A marcha casi sempre presente, terá en Antía Chamosa a nosa representante quen lograría no mes pasado na edición coruñesa de Cantones, a mínima de participación neste Europeo con 1:36:55

XV Festival Olímpico da la Juventud Europea (FOJE). Acerbaiyán 18 ó 29 de xullo

Por último, unha imparable en canto a nivel de mellora no concurso de martelo Irene Gómez do A.Femenino Celta, acudirá a este festival internacional onde se achega cunha marca de 64.60 m. que a sitúan no top 15 mundial. Malia que xa sabe o que é ser internacional, a experiencia que acumule será un valor moi importante para este xóven promesa Sub18.

Campionato de Europa Sub20. Borás (Suecia) 18 ó 21 de xullo

Outros dous eventos continentais que se desenvolverán neste mes serán os europeos Sub20 na que tres atletas galegos parten con mínima de participación á espera da selección oficial que se fará unha vez remate o Campionato de España desta fin de semana en Granollers.

A expensas desa lista oficial e do que depare Granollers, a priori son tres as/os atletas galegas/os que contan con mínina de asistencia.

Elian Numa López do Coruña Comarca ten dende o pasado 20 de xuño no Meeting Iberoamericano de Huelva o rexistro esixido na proba dos 800 m.  de 1:49.11 que o sitúan ademáis, ó fronte do ránking nacional da súa categoría. Xunto a el, o lanzador de disco Nicolás García do Real Club Celta, acredita un lanzamento de 60.16 m. dende o pasado día 24 de febreiro e na que será probablemente determinante o seu papel na cidade catalá. Por último Raquel Meaños do Valencia Esports, é a outra das galegas quen podería estar na cidade sueca sobre a proba dos 800 m. O seu rexistro de 2:06.62 efectuados durante o transcurso do Campionato Nacional Liga na División de Honra co seu club, sopoñen o primeiro dos trámites.

O luns con toda probabilidade, despexaranse as incógnitas ca publicación desa lista definitiva de seleccionados/as.

Compartir: