Importante fin de semana para as categorías base do atletismo galego ca disputa de dúas destacadas citas que terán a Lugo e a Soria como focos de atención.
Para comezar as Pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera celebrarán o sábado a disputa do XIII Campionato de Galicia Sub10 e Sub12 Torre de Núñez, ó que acuden preto de 800 atletas achegados de todas as delegacións da nosa comunidade. Será sen lugar a dúbidas un fermoso campionato o que poderemos presenciar e na que se agarda unha moi boa entrada nas bancadas do Gregorio Pérez. Nesta numerosa cita, e como dato, os Clubs do Ourense Atletismo, ADAS Proinor e Vila de Cangas son as formacións que máis atletas aportan nas distintas competicións e categorías.
As probas desenvolveranse nunha soa xornada de mañán dando comezo as 10:00 horas para rematar sobre as 14:00 horas.
O outro foco de atención terémolo a 530 km. onde as pistas sorianas de Los Pajaritos darán acollida o sábado e domingo ó Campionato de España individual Sub14 ca presenza dun total de 20 atletas galegos. Lembramos que neste campionato os participantes están obrigados a tomar parte en tres probas, para o cal estabrécense cinco posibles combinacións a escoller en formato de triathlon. O sistema de clasificación será determinado a través da táboa internacional.