Selección Galega para o Campionato de Federacións Autonómicas Sub18

No día de onte publicaríase a lista de atletas seleccionados/as para tomar parte no V Campionato de España de Federacións Autómicas Sub18 que este ano acollerá a localidade madrileña de Xetafe o vindeiro día 8 de xuño.

A esta convocatoria da Selección galega, acuden un total de once homes e dez mulleres nun formato de competición mixto na que as mulleres toman parte nas probas de 100 m., 400 m., 1500 m., 2000 obs., 400 v., lonxitude, altura, peso e martelo sendo o resto de probas de participación masculina. As probas de relevos estarán formadas por dous atletas de cada sexo

En canto a valoracións, Galicia acude cun equipo compensado que aspira a estar entre as oito primeiras seleccións autonómicas como xa conseguiría o ano pasado en Cidade Real onde acadaría o quinto posto .

Son destacadas por parte do combinado galego as presencias de Nerea Iglesias do Fontes do Sar nos 100 m., David Ngwudile do Real Club Celta nos relevos ou a de Irene Gómez do A.F. Celta no martelo por citar a algúns.

Compartir: