Resultados en directo

A FGA participará na Semana do Deporte en Burela

A Federación Galega de Atletismo estará presente participando en dúas actividades da Semana do Deporte de Burela. Os actos programados darán comezo no día de hoxe, onde o Delegado da Federación Galega de Atletismo en Lugo, José Peña e o responsable técnico da Mariña, Raúl Redondo, impartirán sendos obradoiros de iniciación ó Atletismo nos dous colexios da localidade. Alí estarán acompañados pola atleta da Mariña Olga Vicente, premiada na última Gala do Atletismo Galego desenvolta a pasada fin de semana no Concello da Estrada.

O xoves ás 20:00 nun dos actos centrais da Semana do Deporte de Burela organizada pola Área que dirixe o Concelleiro de Deportes Ramiro Fernández, terá lugar unha mesa redonda co título “Muller e Deporte”, onde estarán presentes entre outras destacadas deportistas: Pili Neira, historia viva do deporte galego, así como a atleta local Carla Trillo.
A mesa redonda será moderada polo Vicepresidente da FGA, Jesús Vázquez.

Con esta nova iniciativa, a Federación Galega de Atletismo continúa ca súa campaña de promover o Atletismo ó longo de diferentes comarcas do territorio galego.

Compartir: