Resultados

Sevilla recibirá a selección galega escolar de campo a través

A Selección Galega de atletismo tomará parte este domingo 3 de marzo, no Campionato de España Sub16 e Sub18 por Autonomías en idade Escolar que se desenvolverá na localidade sevillana de Villamanrique de la Condesa.

A esta cita acude un potente equipo na categoría Sub18 masculina, que intentará repetir ou mellorar o podio do ano pasado. Ó fronte da mesma estará El Medhi El Nabaoui nun fantástico estado de forma que o convirten nun dos claros favoritos á facerse co triunfo. O subcampión de España Sub16 do ano pasado Hugo García, estará a bo seguro nos postos importantes. Xunto eles estarán Iker González, Esteban Basanta, Xoel Rodríguez e Said Abdoun.

A subcampioa de España Sub16 en Murcia na edición anterior Carla Guisande, será quen lidere o combinado feminino Sub18. Xunto a de Beade repiten na selección, Noelia SánchezNerea Lage e Blanca Armenteiros, sendo Carmen Victoria González e Sara Prieto quenes debuten.

Na categoría Sub16, Pedro Vázquez e Antón Martínez estarán ó fronte dun equipo no que tamén sairán a correr sobre os 5.000 m. Brais Picón, Iván Rego, José Benito Rodríguez e Sergio Souto. Terán a difícil misión de estar sobre o cuarto lugar acadado en Murcia a tempada pasada.

Por último, unha nova selección feminina Sub16, na que todas son debutantes, intentará facer un bo papel e acumular experiencias na alta competición. Estará composto por Laura Carracedo, Carmen Aguiño, Aldara Fonseca, Anxela Seoane, Marcela Morgado e Victoria Cons.

Compartir: