Reserva de xantar no Pavillón de O Aguillón, ao carón do circuíto, ata o xoves, 23 de xaneiro de 2020 no teléfono 670 212 957 (Berto)

Ourense recibe a Fase Final da Liga ABANCA

Esta fin de semana acontecerá na Pista Cuberta de Ourense a gran cita anual das categorías de menores que convertirán a instalacións de Expourense nun auténtica marea de atletas, adestradores e familiares que disfrutarán das evolucións dos máis cativos do noso deporte.

Logo dos distintos sectores previos, un total de 48 equipos son os que finalmente accederían a esta Fase Final que se desenvolverá en dobre xornada dando comezo a primera delas as 10:30 h. ca participación dos equipos Sub10 e Sub12,  para ser a partir das 17:00 horas cando sexa o momento dos Sub14.

Durante o transcurso da xornada e sobre as doce do medio día aproximadamente,  haberá unha concentración no centro da instalación de todos os asistentes onde que se agardará un minuto de silenzo baixo o lema ” CORRER E VIVIR SEN MEDO” e na que o atletismo galego súmarase ós actos de denuncia e repulsa contra os asasinatos machistas.

A maiores as citas pedestres de Ribadavia, Lugo, Porto do Son, Vigo e A Rúa, completarán a oferta atlética do fin de semana.

Concentración do Sector de medio fondo e fondo

Noutra orde de cousas un total de 23 atletas xa confirmados, tomarán parte na concentración de Nadal do Sector de medio fondo e fondo que se desenvolverá en Ourense dos días 27 ó 29 deste mes.

Equipos participantes Liga ABANCA

Anexo e Horario da Liga ABANCA

Horario Cámara Chamadas Final Liga ABANCA

Relación de atletas na concentración de medio fondo e fondo

Compartir: