Reserva de xantar no Pavillón de O Aguillón, ao carón do circuíto, ata o xoves, 23 de xaneiro de 2020 no teléfono 670 212 957 (Berto)

Comezan as citas importantes

Esta fin de semana tanto o campo a través como as probas de ruta tiveron un acentuado protagonismo nas distintas probas desenvoltas tanto en calendario nacional como no autonómico.

Para comezar a Vigo+11 que chegaba a súa décimo segunda edición, tería en Iván Roade do ADAS Proinor e a Esther Navarrete como protagonistas dunha proba que se correría sobre 10 km. e na que o campión masculino marcaría un crono de 30:48 polos 35:42 da atleta do F.C.Barcelona.

A casi 100 km. de distancia disputábase a XXXIX Carreira Popular de Negreira inscrita en calendario nacional e cunha ampla presencia de atletas estranxeiros atraídos sen dúbida polos importantes premios económicos. O triunfo correspondería na categoría masculina ó atleta marroquino El Hassan Oubadi quen invertiría un rexistro de 29:45 polos 34:01 da atleta keniata Rebecah Jeruto. Os primeiros galegos en cruzar a liña de meta serían Paula Mayobre con 35:11 e Alex Fernández con 30:45

Ferrol contaría da mesma maneira e no mesmo día ca súa xa clásica e multitudinaria AECC en Marca-Corre contra o Cancro-Corre por Ferrol 2018 que xuntaría a milleiros de atletas percorrendo as rúas da cidade departamental e na que a sensibilización e solidaridade serían a bandeira da mesma. Ivan Puentes do Club Atletismo Fene e a atleta internacional Lucía Sicre do Ría Ferrol, serían os gañadores desta edición.

Destacada actuación galega en Atapuerca 

Xa a nivel nacional, importante cita a vivida en XV Cros Internacional de Atapuerca para os nosos representantes quenes colleitarían uns formidables resultados

No cros curto a nosa mundialista Solange Pereira lograría un importante triunfo que lle garante a súa presencia no Campionato de Europa de Tilburg (Países Baixos) o vindeiro 9 de decembro. Gonzalo Vasconcelo do Celta e sobre a mesma proba, acabaría nun notable noveno posto.

O lucense Adrián Ben quen comeza moi ben a tempada, remataría no segundo lugar na categoría sub23 (39 da xeral) cuxo excelente resultado tamén lle da o pasaporte para o Europeo de Tilburg.

Na sub18 de novo e unha vez máis El Medhi El Nabaoui daría mostras da súa enorme calidade impoñéndose, como xa fixera o ano pasado, sobre a distancia dos 4.000 m. e dando aviso do que pode ser esta tempada para o atleta do San Paio A Estrada.

Antón Martínez da Atlética Lucense na categoría Sub16 lograría unha destacada sexta posición sendo na Sub14 onde Xela Martínez do mesmo club, imporíase nunha proba con 325 atletas inscritos deixando mostras da súa calidade e perfilándose como unha seria promesa do noso atletismo. Nesta categoría a tamén lucense Sara Guedes entraría nun meritorio décimo primero posto. Xa nos homes non menos importante foi o triunfo do atleta do Franciscanos de Lugo Mohamed Dahmouni sendo décimo terceiro nesta mesma proba Pepe Sánchez.

Continuando cos éxitos galegos, Alex Sierpes do Trega na categoría Sub12 dominaría a proba quitando máis de oito segundos ó segundo clasificado e na que Hugo Juncal do Vila de Cangas ocuparía o posto décimo quinto.

Para rematar, importantes actuacións dos atletas do Trega Yeray Dacuna sexto na Sub10, así como de Ariana González quinta na categoría máster.

Compartir: