Resultados en directo  

Comeza a tempada de campo a través

Este domingo 28 de outubro, e coincidindo co último fin de semana da tempada 2017/2018, darán comezo as citas de campo a través ca disputa do XXIII Cros Escolar A.D. Castro San Miguel que se desenvolverá  no Parque de Castrelos a partir das 10:00 da mañá.

Esta modalidade do noso atletismo, constitúe un dos pilares básicos do tecido atlético que terá como datas referentes tanto o Campionato de Galicia como o Campionato de España, con datas aínda por determinar, e na que o máximo acontecemento internacional será a disputa o día 9 de decembro do Campionato de Europa en Tilburd (Países Baixos).

Sector estratéxico do atletismo galego

A tempada pasada serían un número total de 28 xornadas as que se desenvolverían nesta modalidade que contaría cun importante incremento de atletas procedentes maioritariamente das probas populares de ruta. Para favorecer este tipo de iniciativas, aprobaríase a exención do canon para todos aqueles organizadores que quixeran incluir en calendario a súa proba, agás os Campionatos de Galicia, estando previsto que para esta tempada se apliquen as mesmas medidas.

No apartado de novidades para este ano,  incluirase o Campionato de Galicia de relevos mixto, estando á agarda do que determine a RFEA co cros corto no tocante a súa supresión.

Compartir: