Pleno dos equipos galegos nas categorías de Honra e Primeira

Pleno dos equipos galegos nesta fin de semana durante o transcurso da terceira e última xornada do Campionato Nacional de Liga tanto en Honra como en Primeira División.

En Honra masculina, e como estaba previsto, magnífico encontro da Gimnástica de Pontevedra en Elche na que non tivo problemas para ocupar o segundo posto do grupo de permanencia o que lle garante sobradamente un ano máis na élite do atletismo nacional.

Na categoría feminina o RÍA Ferrol que a priori o tiña máis difícil, solventaría a súa fase de Valladolid cun gran encontro na que as ferrolanas amosaron motivos sobrados para manter a categoría. O remate ocuparon a quinta posición  a un só punto das cuartas nun moi traballado encontro.

Xa na primeira división e logo do excelente comportamento nas dúas fases previas dos equipos celestes, tocaba gozar desta fase de ascenso na que o equipo feminino asinaría un sexto lugar en Alcorcón e os homes o oitavo en Salamanca. Mesma sorte como se agardaba para o equipo da feminino da Gimnástica quen na súa fase de permanencia disputada en Valencia remataría nunha cómoda 4º posición.

Outro dos protagonistas sería o Atletismo Narón que viaxaba ata Madrid nunha empresa nada doada. Pese a elo e tamén nun magnífico encontro de permanencia dos naroneses, rematarían a súa fase de cuartos o que lles permite estar una ano máis nesta categoría xunto os dous conxuntos do Celta e da Gimnástica

Na fase de ascenso a Primeira Divisón o Club Atletismo Santiago que aspiraba a estar na loita directa polo ascenso, tería que conformarse ca quinta posición deixando malia elo, moi boas sensacións ós santiagueses.

Por último na Fase B2 de Primeira División disputado en Durando, o Lucus Caixa Rural Galega que acudía cos seus dous equipos, imporíase na categoría feminina ocupando o segundo lugar na masculino.

Compartir: