David Martínez, unha lenda silenciosa

Un dos patrimonios do noso deporte, constitúeno todos aqueles atletas que durante os seus ciclos deportivos foron quen de acadar logros e metas importantes e que a día de hoxe continúan en activo, non só en tarefas técnicas, si non mesmo competindo e axudando ca súa veteranía e experiencia ós máis novos.

Un deles é David Martínez Varela (Betanzos, 1967) que durante os anos 90 dominaría o concurso de disco chegando a tomar parte en nada menos que en tres Xogos Olímpicos (Barcelona-92; Atlanta-96 e Sidney-2000) e que actualmente continúa lanzando dende fai uns anos defendendo as cores do Atletismo Narón na categoría máster 50.

A presenza deste triolímpico polas pistas, fai posible curiosidades tales como as que se presenciaron o ano pasado no Campionato Galego Absoluto de Pontevedra. Durante a final de disco chegaría a coincidir con outra lenda da especialidade, Frank Casañas, dándose a irrepetible circunstancia de que entre os dous sumaban nada menos que… ¡¡sete participacións olímpicas!! (oito si temos en conta a súa coincidencia en Atenas-2000), todo un auténtico luxo para os alí asistentes.

Pois ben, tendo en conta que esta fin de semana será en Birminghan o Campionato de Europa de Clubs, e na que por certo toman parte como xa informamos, Solange Pereira, Saleta Fenández, Raquel Meaños e Mauro Triana cos seus respectivos equipos, é de recibo lembrar que David Martínez continúa sendo o atleta español quen a día de hoxe figura con máis títulos de Campión de Europa de Clubs con nada menos que seis copas, todas elas acadadas co lexendario club Larios dende os anos 1990 a 1996.

Toda unha parte da historia do atletismo galego.

Currículo David Martínez

 

 

 

 

Compartir: