Récords, medallas, títulos e meetings nesta pasada fin de semana

Destacadas novas acontecerían nesta fin de semana na que ademáis da disputa dos xa informados Campionatos de Galicia, produciríanse novas moi salientables para os nosos atletas.

Para comezar, no Campionato de España de Combinadas máster contaríamos ca participación de tres galegas quenes consegurían excelentes resultados. Ana Abuín da Atlética A Silva sería subcampioa de España na proba de Péntatlon cunha puntuación total de 2.346 puntos. Máis importante aínda sería a medalla de ouro e o Récord Nacional de María de los Ángeles Rodríguez do mesmo club,  quen se imporía en Héptatlon Máster 60 con 3.064 puntos ampliando o seu importante palmarés nacional. Esta mesma atleta establecería na proba de altura un novo récord galego da súa categoría con 1.06 m.  O outro metal de ouro correspondería a Cristina Estévez do A.F. Celta na categoría máster 40 con 3.791 puntos quen ademáis acadaría o récord galego na proba dos 80 m.v. con 13.93.

Tamén noutro punto importante para os intereses galegos, no meeting de Guadalupe, Ana Peleteiro conseguiría na proba de triplo nada menos que 14.42 metros o que supón un novo récord galego e unha das mellores marcas a nivel mundial da tempada e pon de manifesto o gran estado de forma polo que está a atravesar a de Barbanza. Nesa mesma reunión atlética, Adrián Ben establecería un excelente rexistro nos 3.000 m. con 8:00.42, a piques de baixar desa barreira dos “oito” que de seguro en breve conseguirá.

Para rematar con este resumo, a cidade das Burgas viviría unha interesante xornada ca disputa do Ourense Termal Athletics Meeting 2018. O tempo que impediría a consecución de boas marcas, permitiría presenciar rexistros destacados como os da portuguesa María Machado quen acadaría a mínima de participación para o mundial de Tampere con 4:21.77, sendo ademáis este rexistro, a mellor marca por táboa IAAF da cita.

Por actuacións galegas, prometedora reaparición de Mauro Triana quen cada vez máis recuperado, marcaría uns excelentes 21.57 nos 200 m. Elian Nuna pola súa banda, serían outro dos protagonistas ó establecer nos 800 m. un crono de 1:50.70 que o colocan no top nacional Sub20 da proba.

Resultados Ourense Termal

 

Compartir: