Un nacional de milla máis galego que nunca

De novo o Campionato de España de Milla en ruta contaría este ano con acento galego e por partida dobre. Sería na décima edición desenvolta na localidade Breña Baja de La Palma o día de onte.

Falar de milla e falar de Solange Pereira xa que de novo e unha vez máis, a mundialista conseguiría impoñerse neste campionato de España por sétima vez consecutiva poñendo de manifeso a excelente adaptación a esta distancia. A de Cangas gañaría cun rexistro de 4:54. Por si fora pouco a segunda posición correspondería a Leti Fernández do ADAS-Proinor quen chegaría a tres segundos da gañadora acentuando a excelencia do atletismo feminino galego nesta proba.

En canto ó resto de actuacións destacadas, compre salientar os triunfos de María Luisa Armesto (C.A. Sada) na categoría máster-65 con 8:40 e de María de los Angeles Rodríguez (Atlética A Silva) con 7:18 na máster 60. Sobresaintes rexistros tamén para os tres subcampionatos que virían da man de Celina Rodríguez do (Atletismo +9 Moraña) na máster 55 con 7:16;  Eduardo Pinedo (A.Sada) na máster 65 con 6:06 e Manuel Calvo (Atletismo +9 Moraña) na máster 60 con 5:43.

Si esto acontecía nas illas, máis ó norte, na localidade biscaina de Iurreta, competíase no Campionato de España de 10km. en ruta e na que o atleta do ADAS Proinor Alejo Ares sería medalla de bronce na proba absoluta logo de invertir un rexistro de 30:04. A nivel de equipos cuarta posición para ADAS na categoría feminina e quinta na masculina.

Resultados Campionato de España Milla Ruta

Resultados Campionato de España de 10 km. Ruta

Compartir: