Nova convocatoria mundialista para Antía Chamosa

Si no día de onte anunciabamos a selección do atleta do San Paio A Estrada El Medhi El Nabaoui para tomar parte no Campionato do Mundo ISF de Campo a Través o vindeiro mes de abril en París, hoxe anunciamos a inclusión da marchadora Antía Chamosa, na selección de atletas que tomarán parte no Campionato do Mundo de Marcha en Ruta que se desenvolverá na cidade chinesa de Taicang os días 5 e 6 de maio segundo anunciaba no día de onte a RFEA a través dunha circular.

Chamosa sería seleccioada a proposta do Responsable de marcha, o galego ex-olímpico Santi Pérez, polo director Técnico Ramón Cid na proba dos 10 km. Sub-20 onde tomará parte no campionato xunto a catalana Mariona García e a castelá-leonesa Marina Peña.

Esta nova “chamada” ven a confirmar a importante progresión que está a manter a talentosa marchadora que cumprirá o vindeiro día 7 de outubro 19 anos e que xa a levarían, nesta tempada, a acadar o subcampionato nacional tanto dos cinco como dos dez quilómetros desenvoltos en Guadix e Burjassot respectivamente.

A modo de resumo, lembremos que Antía Chamosa pasa por ser nestes intres a marchadora galega de máis proxección internacional. Comezaría o seu periplo competitivo na tempada 2012/2013 na que xa acadaría o Campionato de España Sub-16 ó aire libre. Desde ese instante sucederíanse unha multitude de títulos e podios nacionais chegando a súa primeira internacionalidade no ano 2015 no que tomaría parte precisamente no Campionato do Mundo Sub-18 disputado na localidade colombiana de Cali ocupando o posto 22º. Un ano máis tarde, no 2016,  acudiría a Tbilisi  ós Campinatos de Europa sobre os 5 km onde completaría a súa intervención nun destacado décimo cuarto lugar,  malia que sería o ano pasado onde lograría o seu mellor resultado internacional ca sétima praza no europeo Sub-20 de Grosseto.

Selección

Compartir: