Resultados en directo  

O Circo Romano de Mérida laurea a Adrián Ben

Mérida daba acollida esta fin de semana a competición máis importante da tempada estatal de campo a través ca disputa do Campionato de España por Autonomías a que Galicia acudíría con varios equipos.

Logo dunha longa viaxe efectuada no día anterior, o domingo arrancaca na fermosa contorna do Circo Romano da capital extremeña, o campionato as 10:30 horas ca saída da categoría Sub-20 feminino sobre un circuíto de 6.000 metros.  Nesta proba a primera das galegas en entrar en línea de meta no posto trixésimo noveno sería Elena Costas e que xunto a actuación do resto de compoñentes que puntuaban (43ª Patricie Viadel, 45ª Antía Rodríguez e 50ª Ana Cerreira) darían ás galegas a novena posición por equipos con 177 puntos nunha proba gañada pola potente selección de Castela e León con 23.

Logo da disputa da primera das probas daríase paso xa as 11:00 h. a categoría masculina onde a nosa selección con 184 puntos acabaría de décima. Aquí e logo de marcar un tempo de 26:09 sobre os 8.000 m. do circuíto, o mellor dos nosos atletas sería Fernando Rial no posto 23º. Xunto el puntuarían: 41º Pablo Monteagudo, 52º Adrián Lage e 68º Elian Nuna.

A proba Sub-23 masculina deixaría os mellores rexistros para os galegos xa que un fantástico Adrián Ben acabaría esta carreira nunha formidable segunda posición que lle daría o título nacional (polo carácter extranxeiro do gañador Mohamed Katir) invertindo un rexistro de 31.32  sobre os 10.000 m. do circuíto. Xunto ó lucense, boa carreira de Tariku Novales quen chegaría no posto décimo sexto e na que se completaría actuación cos postos de Vicente Suárez no 53º e de Jorge Cortes no 59º. Por comunidades Galicia acabaría na oitava posición con 130 puntos.

Por último na categoría absoluta feminina novo oitavo posto para as nosas representantes na que Sandra Mosquera sería a primeira das galegas en entrar na línea de meta no posto vixésimo sétimo. O resto de compoñentes que completarían esos 10.000 m. en postos de puntos serían: 32ª Leticia Fernández, 36ª Esther Navarrete e 48ª Sofía Freaza.

O equipo masculino senior non puido completar participación, sendo  Pablo Miguel García o primeiro dos galegos no posto trixésimo terceiro ocupando Alejo Ares a segunda mellor posición no corenta e tres.

Resultados

Compartir: