Resultados

Tariku Novales despide o ano a ritmo de récords

Sen apenas tempo de comezar o ano, empezan a sucederse as boas novas para os nosos atletas. Sería en concreto nunha das máis prestixiosas probas a nivel mundial, a San Silvestre Vallecana, onde o pasado 31 de decembro o atleta Tariku Novales do Playas de Castellón, tomaría parte na mesma establecendo cun rexistro de 14:11 o récord galego absoluto e promesa na distancia dos 5 km. ruta. Da mesma maneira, completaría a distancia total entrando na línea de meta no posto 18º e como colofón, acadaría o récord galego dos 10 km. ruta promesa con 29:33 o que evidencia o excelente estado de forma co cal encara o de Noia este principio de tempada.

Fantástico comezo de ano, así pois, para o Subcampión Europeo e Campión de España Junior dos 5.000 m. cuxo excelente debut na proba, e as boas sensacións amosadas, fan presaxiar unha tempada moi positiva.

Compartir: