Resultados en directo  

Fantástica actuación galega nos europeos de Cros

No día de hoxe desenvolveríase na localidade eslovaca de Samorín o Campionato de Europa de Campo a Través na que unha potente Selección Española acudiría a esta importante cita ca presenza de catro galegos entre os seus equipos.

Os primeiros en tomar parte serían o lucense Miguel González e o noiés Tariku Novales na categoría Sub20. O das murallas deixaría manifesta a súa calidade para esta especialidade ó rematar nunha brilante quinta posición cun rexistro de 18:48 a tan só tres segundos do bronce e nunha chegada moi disputada gañada polo noruego Jakop Ingebrigtsen con 18:39. Salientable tamén o comportamento de Tariku Novales entrando no décimo terceiro lugar cun rexistro de 18:54 e contribuindo de maneira importantísima a que España se acabara proclamando por equipos Campiona de Europa nesta categoría por diante de Francia e de Turquía.

Na categoría feminina Sub23 destacable a actuación de Carmela Cardama que entraría na línea de meta no posto décimo oitavo, cun rexistro oficial de 21:40 a un segundo da primeira representante española Celia Antón un posto por arriba. Esta categoría sería gañada pola alemana Aluina Reh cun crono de 20:22 ocupando España por equipos o quinto lugar.

Xa por último e no relevo mixto, no que tomaba parte a outra atleta galega Solange Pereira, novo podium para o equipo nacional sendo nesta ocasión o bronce o premio colleitado polo combinado masculino e feminino.

Péchase pois un notable campionato europeo de cros na que os nosos atletas contribuirían de maneira moi notoria e importante o bo papel desenvolto polo equipo nacional en terras eslovacas.

Resultados

Compartir: