Resultados en directo

O Atletismo Galego celebra a súa Asemblea Xeral Ordinaria

No día de onte a Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física de Oleiros sería escenario da Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Atletismo segundo regulan os artigos 18º e 22º dos seus Estatutos e que xuntaría a todos os órganos de decisión do citado ente deportivo.

As distintas Comisións darían comezo xa na mañán ca xuntanza  de Atletas, Masters, Adestradores, Xuíces e Clubs cuxas propostas serían debatidas na Asemblea Xeral que daría comezo as 17:30 horas. No salón de actos da citada facultade, e ca presenza de vinte e sete asembleistas acreditados, comezaría a Asemblea co informe anual do presidente quen daría conta do que deu de si a tempada pasada e mesmo adiantaría algunhas medidas que se aplicarán no 2018. O resto do acto transcurriría baixo o estudo, debate e aprobación nalgúns casos de aspectos tan importantes como os orzamentos, as novas cotas de licenzas, e demáis cuestións e propostas que marcarán a liña de actuación do atletismo galego durante o ano 2018.

Compartir: