Resultados en directo  

Catro galegos no Europeo de Campo a Través

No día de onte a RFEA publicaba a relación oficial de atletas que tomarán parte no Campionato de Europa de Campo a Través que se desenvolverá o vindeiro 10 de decembro na localidade eslovaca de Samorín.

Nesta lista, integrada  por un total de corenta atletas, contaremos ca participación de catro galegos. Entre os seleccionados se atopan na categoría feminina as atletas Carmela Cardama na categoría Sub23 que volve a internacionalidade nunha proba de cros logo de que tomara parte no ano 2015 no europeo junior de Eskilstuna. A nosa mundialista en Londres e asidua ca Selección Nacional Solange Pereira, competirá tamén no Relevo Mixto. No tocante ós homes estará o lucense Miguel González  finalista no Europeo de Grosseto nos 10.000 m. do ano pasado, asi como a do subcampión Europeo no mesmo campionato na proba dos 5.000 m. Tariku Novales que completarán a participación galega na categoría sub20. Destaca nesta lista a ausencia de Adrián Ben cuxa inoportuna convalencia de apendicitis, faríalle non poder entrar finalmente nesta convocatoria.

Ca inclusión destes catro atletas, Galicia recobra presenza e protagonismo nun sector no que historicamente ten destacado tanto por calidade coma por cantidade

Lista de atletas seleccioados

Foto RFEA

Compartir: