Resultados

Comeza o Cros con actuacións galegas destacadas

A tempada de campo a través non fixo máis que comezar e xa se empezan a suceder os grandes eventos deportivos con presenza destacada galega. En concreto o pasado fin de semana desenvolveríase o Cross de Atapuerca a dicir polos expertos, o máis importante do mundo. No mesmo contaríase con destaca presencia galega xa que o xoven valor do C.D. San Paio A Estrada Mehdi Nabaoui vencería na categoría Sub18 ó igual que fixera na edición do ano pasado. Esta nova victoria confirman a este talentoso atleta como unha gran realidade de presente e futuro do noso deporte.

Pola súa banda a atleta da Agrupación Viguesa de Atletismo, Carolina Santos impoñeríase na proba infantil que do mesmo xeito a fan converterse a pesar da súa curta idade, noutro importante valor de futuro do atletismo galego. Nesta mesma categoría excelente quinto posto para Xela Martínez, de Club Atlética Lucense

Na proba Junior brillaría unha vez máis o atleta lucense internacional Miguel González, do Club Lucus Caixa Rural que cedería tan só un posto e que o perfilan con moi boas sensacións no comezo desta nova tempada.
Na proba absoluta a mellor situada sería Solange Pereira no posto 32ª, nunha proba na que tamén tomaron partida Leticia Fernández (51ª), Angela González (68ª), María Hurtado (75ª) e Barca Toba (97ª)

Resultados

Compartir: