Resultados

Os nosos veteranos á conquista do Campionato de España de Maratón

Un total de cinco atletas galegos serán os que tomarán parte no Campionato de España de Maratón de Veteranos que se desenvolverá na capital balear de Palma de Mallorca o vindeiro dia 15 de outubro.

Entre os nosos representantes que acudirán a esta cita, destaca a presenza na categoría M45 de Elías Domínguez do Miller Running, Juan Carlos Martínez do Verxel Nutrición e Xosé Manuel Meizoso do Olympo As Pontes.  Na categoría M55 tomará parte o atleta José Benito Gómez do A.Veteranos de Ourense.

A única representante feminina que acudirá a este campionato será a betanceira Mónica Granero do Verxel Nutrición quen tomará parte na categoría W35.

Ligazón   Ligazón