Resultados en directo  

As 21:45 Belén Toimil debuta no Campionato do Mundo

A mugardesa Belén Toimil debuta esta tarde noite no Campionato do Mundo de Atletismo, chega tras a repesca da RFEA, despois de un ano de Record.

Ven de rebasar a barreira dos 17 metros en consecutivas ocasións, mellorando o seu propio Recor Galego Absoluto,é a actual Campiona de Galicia Absoluta en lanzamento de peso, en pista cuberta e o aire libre, Subcampiona de España baixo teito e o aire libre, décima no Copa de Europa de Lanzamentos.

Con 17.38 cm chega a Londres buscando mellorar a súa marca persoal, e continuar así coa extraordinaria tempada.

As 21:45 temos unha cita coa calificación do lanzamento de peso,un paso a final moi cotizado, 18.20cm ou estar entre as 12 mellores do mundo.