Resultados en directo

Solange Pereira remata a tempada nos 1500ml do Mundial de Londres

A atleta de Cangas,Solange Pereira ven de realizar según as súas verbas ” a mellor tempada da súa vida” .

Pereira é a raiña dos 1500ml nesta tempada onde obtería o Campionato de Galicia e o Campionato de España na distancia, en pista cuberta e o aire libre, por si fora pouco, proclamaríase Campiona de España de Milla en Ruta. No tramo final da tempada o aire libre disputaría a Diamond League de Rabat onde parou o crono en 4:06.39,logrando a marca mínima, para participar no Campionato do Mundo de Atletismo, que se está a desputar en Londres.

Como colofón a extraordinaria tempada, na tarde de hoxe desputaría o seu primeiro Campionato do Mundo, correndo na terceira serie dos 1500ml, finalizando en décima posición cun tempo de 4:06.63, poñendo así punto e final a tempada de pista o aire libre.

Ligazón