Resultados en directo

Ana Peleteiro desputara a Final do Triplo Salto no Mundial de Londres

A ribeirense Ana Peleteiro logra a cualificación para desputar o vindeiro luns 7 de Agosto a final do Triplo Salto no Campionato do Mundo que se está a desputar na capital británica. A pupila de Iván Pedroso faría unha secuencia de 13.84 – 14.07-13.09 cm lo grando a undécima mellor marca o que lle da acceso a gran final. Ana no Campionato do Mundo Junior do 2010 desputado en Barcelona, xa saboreu a mel do ouro planetario sendo aínda unha atleta xuvenil. Tras unhas duras tempadas Peleteiro logra encontrarse nun fantático estado de forma e mental, proba delo a actual tempada onde logra reencontrarse cun salto superior os 14 metros, proclamándose Campiona de España Promesa e Absoluto e quinta no Campionato de Europa en pista cuberta en Belgrado. No aire libre repetiría a fazaña logrando o Campionato de España Promesa e Absoluto así como ó Subcampionato de Europa U23.

O luns desputará a gran final do Triplo Salto no Campionato do Mundo Absoluto as 21:25h.

Ligazón