Todo a punto para o Mundial de Londres

Apenas xa cuestion de horas para de comezo o Campionato do Mundo de Atletismo que durante os dias 4 ó 14 de agosto convertirán a capital de Gran Bretaña no epicentro do atletismo mundial . O equipo nacional que se achega para tomar parte, estará composto por un total de 55 atletas dos cales (34 son homes e 21 mulleres estando neste último grupo precisamente as nosas tres representantes Solange Pereira Ana Peleteiro. e Belén Toimil

A de Cangas tomará parte na proba dos 1500 m.l. onde ten acreditado unha millor marca persoal este ano de 4.06.39. Ademáis, o seu recente título de campiona de España nunha final moi reñida sen dúbida serviralle para afrontar con máis gañas esta cita mundialista. As primeiras semifináis serán as 20.35 horas do 4 de agosto estando prevista a final para o dia 7 ás 22.50 horas.

Ana Peleteiro achégase a estos mundiáis logo de estar a completar unha das súas millores tempadas que a levarían a acadar a súa MMP con 14.22 m., o subcampionato de Europa sub-23 ou mesmo o Campionato de España de Barcelona. O concurso da atleta de Barbanza dará comezo as 12.00 horas do dia 5 de agosto sendo a final o dia 7 ás 21.25 horas.

No tocante ó concurso de Peso a atleta de Mugardos Belén Toimil que está a completar unha non menos espectacular tempada, redondeará a mesma con esta xusta e meritoria selección para tomar parte na gran cita do ano á que acude cun rexistro de 17.38 m. logrados durante os pasados Campionatos de Galicia. A sua clasificación será as 21.40 do 8 de agosto sendo a final para as 21.25 horas do dia 9.

Noutro orde de aspectos tamén sería designnada para tomar parte nestos mundiáis a xuiz internacional Dolores Rojas quen desempeñará as funcións de secretaria na proba de marcha

Ligazón