Resultados en directo

Colofón para o Circuito de Atletismo de Pontevedra co Récord Galego Xuvenil de Raquel Meaños

No dia de onte pecharíase un magnífico Circuito de Atletismo en Pista de Pontevedra ca entrega dos premios ós seus gañadores os cales, e por espazo de seis xornadas, estarían compitindo nesta importante cita caracterizada polos excelentes rexistros acadados ó longo da mesma.

En concreto no dia de onte sería a atleta da A.D.Mazi adestrada por Carlos Landín Raquel Meaños, quen na proba dos 800 m.l. establecería un rexistro de 2.07.05 o que supón un novo récord galego da categoría xuvenil, millorando o anterior tope autonómico que ela mesma tiña en nada menos que en preto de dous segundos e que amosan a enorme calidade da de Arousa. Con este rexistro reafirma a súa autoridade a nivel nacional nunha proba na que acadaría este ano o trunfo no Campionato de España Xuvenil así coma polo 6º posto no Campionato de España Absoluto.

A maiores e coma ben sendo habitual programaríanse probas non olímpicas na que o máis salientable serían os non menos notorios rexistros de Adrian Ben na categoría Junior con 1.02.78 e do xuvenil Pedro Osorio do Ria Ferrol con 1.03.84 que representan as millores marcas españolas das súas categorías.

Ligazón