Resultados en directo

Olaia Guisela Becerril prata en Lonxitude no Festival Olimpico da Mocidade

Seguen as medallas a nivel internacional para as nosas representantes galegas. En concreto no XIV Festival Olímpico da Mocidade Europea que se desenvolvería os dias 26 e 30 de xullo na localidade húngara de Gyor a atleta do Celta Olaia Guisela Becerril quen tomaba parte no concurso de lonxitude, e logo de acadar a súa clasificación para a final (3ª con 5.58) lograría na mesma un salto de 6,15 m. (+4.2) que lle servirían para acadar a medalla de prata nunha proba gañada pola austriaca Gruenwald con 6.23 m. (+4.8). Con este primeiro metal internacional a xoven promesa do atletismo galego acada o seu resultado máis importante a nivel deportivo.

Pola súa banda Lucía Sicre tomaría parte (estrenado internacionalidade) na proba dos 800 m.l. na que acudía cun rexistro de 2.11.83 (MMP). A de Ferrol remataría 7ª na semifinal cun tempo oficial de de 2.14.96 e na que a experiencia acadada sería o máis importante.

Ligazón