Resultados en directo

8 medallas para os galegos nos nacionáis de Serrahima

Un total de oito medallas (6 ouros e 2 pratas) e un recórd galego xuvenil serían o balance que traerían consigo os atletas galegos que tomaron parte ne edición numero 97 do Campionato de España que este pasado fin de semana se desenvolvería no Estadio Municipal “Joan Serrahima” de Barcelona.

Comezando cas probas de rúa, os 10.000 marcha feminino traería a novena posición de Mar Chillón cun rexistro de 52.43.39 nunha especialidade na que os marchadores internacionáis Fran Durán que abandonaría e Daniel Chamosa, que sería descalificado, non terían o seu dia.

Na velocidade o máis salientable sería o pase as semis de Javier Cancela que invertiría un rexistro de 10.70 e na que non pasaría Javier Garcia do Atletismo Narón con 10.90

Paula Iglesias do Riazor Coruña tomaría parte tanto nos 400 m.l. coma nos 200 m.l. sendo nesta proba na que chegaría a semifináis marcando nela 25.57. Paula Ferreiros do Lucus CRG milloraría a súa marca da tempada nos 400 m.l. con 56.70 malia que non lle permitiría o pase a semifinal. David Abalde da Gimnástica correría tanto os 200m.l. (21.93) como os 400 m. (49.15) non poidendo progresar nas mesmas, si en cambio fariano o campion de Galicia dos 200 m.l. Sergio Rodríguez do Coruña Comarca que accedería as semifináis marcando nas mesmas un crono de 21.71

Nos valados o coruñés do Riazor Carlos Moro entraría na final dos 400 v. como xa o fixera o ano pasado rematando no 7º lugar con 52.80. Xa nos 110 m.v. Miguel Pérez do Lucus CRG chegaría ata as semis logo de marcar nas eliminatorias unha MMP de 14.35. Nos 100 v. Alicia Merino do LUCUS CRG con 14.2, Enma Valencia do A.F.Celta con 14.81, Claudia Rojo do Valencia Sports con 14.30 e Antía Queimaño do RIA Ferrol con 14.90 rematarían a súa participación nos nacionáis na súa primeira serie.

Nos 800 m.l. sensacioal papel dos nosos dous representates xuveniles. Raquel Meaños da A.D.Mazí, meteríase na final logrando unha 6ª posición con 2.09.08 amosando a enorme calidade que ten. Nos homes non menos bo o tamén sesancioal comportamento de Pedro Ossorio do Ria Ferrol quen na súa serie establecería un novo Récord Galego Xuvenil con 1.51.45

Nos 1500 m.l. homes participación dos atletas do real Club Celta Gonzalo Basconcelos e Gonzalo Portos os cales marcarían un rexistro de 3.53.57 e 3.57.34 que non lles permitiría acceder á final. Nas mulleres e logo de non clasificarse nin Sandra Mosquera do ADAS-Proinor con 4.44.60 nin Finort Alice Marie do A.F.Celta con 4.37.9, contaríamos con dobre presenza galega na final. Leticia Fernández do ADAS-Proinor acadaría unha formidable 5ª posición con 4.43.20 malia que a nova importante estaría na victoria da favorita ó titulo, Solange Pereira quen reafirmaría o seu domiño na distancia impoñéndose con 4.40.55. Nos 5000 m.l. Esther Navarrete do ADAS-Proinor non puido repetir o podium do ano pasado entrendo malia elo nunha notoria 5ª posición con 16.40.92

Nos lanzamentos coma sempre importante e destacada presenza galega comezando pola de martelo na que tanto Nacho Fernández do R.C.Celta como Carlos Revuelta lograrían un excelente 5º e 6º posto respectivamente na final ó lanzar 60.63 m. e 60.06 m. respectivamente. De novo Victor Gallego situariase entre os dez primeiros lanzadores nacionáis tanto de disco (9º con 51.52) coma de peso (10º con 16.29) e na que a protagonista volvería a ser Belén Toimil quen de novo, e lanzando por riba dos dazasete metros, 17.19 colgaríase a medalla de prata facendo dar o millor de si a clara favorita, Ursula Ruiz quen con con 18.28 establecería un novo Récord Nacional. No concurso de disco de novo o pentaolimpico Frank Casañas volvería facer valer a súa gran calidade para se impoñer na final logrando un novo campionato nacional grazas os seus 59.75 m. Manuel Uriz mandaría a xavalina ata os 65.61 m. nun concurso no que acadaría a 5ª posición e na Lidia Parada na categoria feminina proclamaríase Campiona de España lanzado a 57.97 e establecendo a sua MMT. A olimpica en Atenas Felicia Tilea pola súa banda acadaría a 8ª posición cun millor lanzamento de 44.30.

Nos saltos Alfonso Palomanes, que defendía título de triple, chegaría ata os 15.99 m. que lle servirían para ocupar o 5º posto do seu concurso. Na categoria feminina e sobre o mesmo concurso Ana Peleteiro que está a facer un ano extraordinario, revalidaría pola contra o seu titulo nacional ó saltar ata os 13.67m. En altura Saleta Fernández igualaría o seu millor rexistro persoal con 1.83 que lle permitirían estar no segundo caixón do podium escoltando á Campiona olimpica. No concurso de lonxitide Jean Marie Okutu gañaría no seu último salto o campionato grazas os 7.54 m. que o mantiñan na terciera posición ata ese entón, e fai que o olimpico de Marin sega ampliando o seu curriculum deportivo.

Nas probas combinadas Santiago Ferrer da Gimnástica cun total de 6020 puntos acadaría a meritoria 7º posición da proba.

Noutro orden de cousas no Campionato de España de Relevos o Ria Ferrol que tomaba parte no 4×400 remataría na 7ª posición cun tempo oficial de 3.52.28 nunha proba gañada polo Valencia Esport con 3.40.04 e no que tomaba parte Solange Pereira.

Actuación galega

Ligazón