Resultados en directo

Histórica xornada europea para o atletismo galego

No dia de hoxe produciriase o que tal vez fora un dos momentos máis importantes da historia máis recente do atletismo galego como e a consecución de dúas medallas continentáis por parte de dous dos nosos máis importantes e con máis futuro valores atléticos.

Logo da posición de finalista que acadara nos dias previos tanto Miguel González nos 10000 como Antía Chamosa na proba de marcha, na xornada de hoxe produciríanse os dous grandes momentos para o noso deporte. As 17.20 horas daría comezo a final dos 1500 m. onde Adrián Ben, nunha carreira lenta marcaría un rexistro de 3.57.52 que lle servirían para subir ó podium e colleitar a medalla de bronce nunha proba gañada polo británico Heyward con 3..56.73. Por si foira pouco outra das grandes bazas galegas, Tariku Novales que tomaría parte na súa final dos 5000 m.l. as 19.40 horas cedería tan só ante o noruego Ingebrigtsen quen se acabaría impoñendo cun rexistro de 14.41.67 facendo entrada en línea de meta practicamente tres segundos despóis (14.44.66) o de Noia que deste xeito se proclamaría subcampión continental sub´20 redondeando unha xornada de ensoño para o atletismo galego.

Ligazón