Resultados

Sete medallas e un récord galego no nacional Junior de Granollers

Esta fin de semana as pistas catalanas de Granollers deron acollida o Campionato de España Junior na que os nosos representantes voltarían cun total de sete medallas (dous ouros, unha prata e catro bronces) asi como a consecución de once postos de finalistas.

Para comezar tando Tariku Novales, como Adrián Ben farían bos tódolos pronósticos ó impoñerse nas súas respectivas probas dos 5000 m. con 14.20.45 e dos 1500 m. con 4.08.18 respectivamente. Miguel González do Lucus CRG pola súa banda acompañaría no podium a Tariku na terceira posición logo e rematar cun rexistro de 14.33.91.

Paula Iglesias na categoría feminina, convertiríase na protagonista dos galegos ó acadar nada menos que dúas medallas de bronce tanto no concurso de altura con 1.66 m. (1.50 O/1.55 O/1.60 XO/1.63 XO/1.66 XXO/1.69XXX) como sobre todo na proba dos 400 m.l. no que co seu rexistro de 55.91 establecería un novo récord galego da súa categoría. Xa na xavalina Andrea González da Gimnástica ca cuarta millor marca das participantes escalaría un posto para colgarse o bronce con 39.16 m (35.00/35.59/X/31.70/X39.16).

Por último a internacional Antía Chamosa, quen tomaba parte nos 10.000 m. marcha, cedería tan só ante a burgalesa Peña acadando o subcampionato nacional con 51.09.94 .

Postos de finalista para: Brais Prieto 4º en 10.000 marcha con 49.58.90; Claudia Puig da Gimnástica 4ª en xavalina con 36.94m; Xiana González da S.Gimnástica 5ª nos 200 m.l. con 25.70; Ines Oitavén do Riazor Coruña 6ª nos 400 m.l.con 58.62; Equipo de relevos feminino do Riazor Coruña 6º no 4×100 m.con 49.40; Inés Blanco do Lucus CRG 7ª nos 3000 Obstáculos con 11.18.74; Andrea González da S.Gimnástica, 7ª en Peso con 10.87; Equipo de Relevos masculinos dos 4×100 do Marineda Atlético, 7º con 43.60 Raúl Rodríguez do Lucus CRG 7º no Martelo con 47.73; Pablo Monteagudo do C.A.Noia 7º nos 5.000 m.l. con 15.18.56; Andrea Pais do A.F.Celta, 8ª nos 200 m.l.

Ligazón Ligazón