Resultados

Fin de semana de récords

Chegados xa a esta fase da tempada na que apenas tan só faltan seis dias para a celebración do Campionato de Galicia Absoluto en Pontevedra, son moitas as atletas que están a afinar a súa posta a punto. En concreto neste gran ano do atletismo feminino galego, unha das nosas importantes lanzadoras Belén Toimil volvería a batir o Récord Galego Absoluto o pasado dia 08 de Xullo durante a disputa doG.P. Ayuntamiento de Palencia onde lanzaría ata os 16.81 m. superando en 30 cm. o actual récord que acadara dias antes. Con este excepcioal estado de forma polo que está a pasar será, sen lugar a dúbidas, unhas das principáis atraccións do Galego Absoluto.

Outra das protagonistas sería Paula Iglesias do Riazor Coruña quen no seu nacional Junior desta fin de semana, non só acadaría o bronce senón que con 55.91 convertiríase na primeira junior galega en rebaixar a barreira dos 56 segundos que milloran os seus anteriores 56.09. Da mesma maneira a atleta da Gimnástica Lucía Ferrer e sobre a distancia dos 100 m.v. marcaría un rexistro de 14.41 na VII Xornada das series Municipáis do Concello de Vigo do sábado dia 8. Con esta marca milloraría a súa anterior plusmarca de 14.52 efectuada no Nacional Xuvenil.