Resultados en directo

Paula Mayobre e David Santos Campións Galegos dos 5 km. Ruta

No dia de onte Curtis foi esciario da disputa do VIII Campionato de Galicia Absoluto de 5km. que xuntaría a un importante número de atletas.

Esta edición, cuios gañadores o ano pasado, Rocío Alvite e Nicolás Arrojo, non tomaban parte, verían como os principáis favoritos acabarían cumplindo os pronósticos. As 19.00 horas e baixo un excelente clima, tomábase a saida da proba na que Paula Mayobre do C.D.Seoane Pampin cun rexistro de 17.17 e David Santos do Verxel Nutrición con 15.00 proclamábanse Campións Galegos Absolutos. Xunto eles e compartindo podium estarían Aurea Retamal do C.A.Milladoiro e Sole Castro do Comesaña S.C asi como Alaejo Ares do ADAS-Proinor e Diego Barreiro do C.A.Santiago.

No apartado de récords, cabe salientar as novas plusmarcas galegas femininas establecidas polas atletas do Egovarros de Viveiro Begoña de Arriba na W-60 con 27.04, e María Amalia Luz na W-65 con 25.43. Xa na categoría masculina, Saturnino González do A.Veteranos de Ourense na M-55 con 16.54, Eduardo Pinedo do C.A. Sada na M-65 con 20.36 e Antonio Cabana do Egovarros na M-75 con 23.31

Campións Galegos: Categoría xuvenil Sonsoles Martín con 20.07 e Diego Alonso 16.26. Categoría junior Estela Villarábide con 26.10 e Borja Castro con 16.38. Categoría promesa Enrique Martínez con 16.14. Categoría +35 Aurea Retamal con 19.50 e Amador Pena con 16.22. Categoría +40 Noelia Papín con 20.16 e Satiago José Brea con 17.15. Categoria +45 Elena Miguens con 22.03 e Manuel Oliver Pérez con 16.47; Categoría +50 María Soledad Castro con 20.06 e Jose Suárez con 17.03. Categoría +55 Angeles Ripoll con 24.07 e Saturnino González con 16.54. Categoría +60 Begoña de Arriba con 27.04 e Ramiro Pérez con 18.13. Categoría +65 María Amalia Luz con 25.43 e Eduardo Pinedo con 20.36. Categoria +70 Antonio Hernández con 23.10 e xa por último na categoría +75 Antonio Cabana con 23.31

RESULTADOS

Compartir: