Resultados

A Montaña e os infantiles completaron a axenda desta fin de semana

Un total de 37 atletas galegos estiveron presentes no XI Campionato de España de Carreiras de Montaña Absoluto, Junior e veteranos que se desenvolveu na localidade de Molinaseca. A nivel de resultados, acadaríanse uns excelentes rexistros dos que compre salientar na categoría junior ás atletas da Atlética Lucense Iria Causin e Elba Velez quenes lograrían o campionato e subcampionato respectivamente da súa categoría. Na categoría masculina pola súa banda, bronce para o atleta do Coruña Comarca Jorge Siera

Na categoria de veteranos Susana Parguiña na F-50, José Luis Merodio na categoría M-65 e Antonio Cabana na M-75 proclamaríanse campións de España das súas respectivas categorías das que se destacan tamén as pratas de Iria Fernández do ADAS na F-35 e Begoña de Arriba do Egovarros na F-60

Na categoría absoluta as millores posicións para os galegos serían as quintas posicións tanto para Manuel Hurtado da Gimnástica coma para Iria Fernández do ADAS-Proinor e na que por equipos o ADAS Proinor lograría un excelente subcampionato Nacional

http://www.rfea.es/competi/result2017/ruta/montana/index.html

Nouto orden de cousas os Clubes do C.A. Millaraio e do Ria Ferrol Concepción Arenal, asi como o Franciscanos de Lugo, estiveron a tomar parte nesta fin de semana no Campionato de España Infantil que se esta a desenvolver en Puertollano.

Por postos e na categoría masculina os de Ames do Millaraio ocuparían o posto 12º sendo o RIA Ferrol quen ocupara o posto 25º. Xa na categoría femina o millor clasificado sería de novo o Millaraio no 10º lugar seguido polo Franciscanos de Lugo no 24º para rematar co RIA Ferrol nun posto máis embaixo, o 25º

Ligazón