Resultados en directo

Importante aportación galega no Campionato de Europa de Seleccións

A Seleccion Española de atletismo que tomaba parte nesta fin de semana no Campionato de Europa de Seleccións que se desenvolvería na localidade fracesa de Lille, acadaría un histórico quinto posto que milloraría o sétimo acadada baixo este mesmo formato en Estocomo no 2011.

A este excelente resultado Galica contribuiría ca aportación de tres atletas, todas elas participantes en probas de concursos.

Lidia Parada completaría o seu concurso na 8ª posición con 51.05 lonxe da súa millor marca acadada ó pasado 31 de Maio en Pontevedra onde chegaría a lanzar ata os 57.20 m.

Ana Peleteiro tomarían parte no concurso de triple acadado 8ª posición con 13.54. A de Riveira, segue a encabezar o ranking nacional con 13.84 m. nun ano no que confirmaría a súa plena recuperación.

Saleta Fernández A monfortina estreaba internacionalidade absoluta nesta convocatoria, debutando cun noveno posto e cunha marca de 1.80. a dous centimetros da súa MMP.

Ligazón