Resultados

A Selección Galega feminina acada un fantástico subcampionato Nacional

A Selección Galega acadaría unha magnífica quinta posición no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se desenvolvería en Ciudad Real e na que o combinado autonomico quedaría a menos de seis puntos do podium. Con este resultado Galicia millora a sétima posición acadada na edición do ano pasado e na que un formidable equipo feminino lograría a segunda posición “oficiosa” da súa categoría.


A nivel de resultados e na categoría masculina, destacarían a primeira posición de Alfonso Palomanes en Triple quen se imporía a todos os seus riváis para chegar ata os nada menos que 16.10 m. no seu segundo intento. Frank Casañas, sempre comprometido ca selección, con 55.80 m. cedería tan só ante Lois Maikel Martínez o mesmo que Carlos Revuelta, segundo en martelo con 60.45 m.

Si esto acontecía co equipo masculino, unha competitiva selección feminina amosaría todo o seu potencial no que sen lugar a dúbidas o reforzo da colosal Nediam Vargas quen se imporía tanto nos 100 m.l. coma nos 200 m. con 11.38 e 23.07 (mínima mundial), contribuiría decididamente a este excelente resultado. Xunto ela Solange Pereira faría o propio nos 1500 m. acadando o trunfo cun rexistro de 4.37.77. Leticia Gil chegaría ata os 6.01 m. gañando por un só centimetro no seu último salto e sumando una nova victoria para a Selección. Destacadas tamén foron Saleta Fernández segunda en altura con 1.78 m., mesma posición para Ana Peleteiro en Triple con 12.93 m. e Belén Toimil en peso con 15.81 m. Claudia Rojo acabaría terceira nos 400 m.v. con 1.00.64; excepcional comportamento de Felicia Tildea na xavilina quen acadaría a terceira posición con 44.86 m.

En outro orden de cousas salientamos o récord galego absoluto do equipo de relevos 4×100 que marcaría un rexistro de 40.94 millorando os 41.43 do Riazor Coruña. Raquel Meaños sería outra das atletas que establecería unha nova plusmarca galega, neste caso xuvenil, nos 800 m.l. con 2.08.97 millorando os 2.09.09 que ela mesma tiña dende o 10 de maio.

RESULTADOS