Resultados

Pleno para os equipos galegos na Liga Nacional de Clubs

Esta fin de semana desenvolveriase a derradeira xornada correspondente ós distintos Campionatos Nacionáis de Liga na que os equipos galegos acadarían os seus obxectivos.

Na División de Honra masculina a Sociedad Gimnástica de Pontevedra logaraba brilantemente en Burgos unha fantástica terceira posición con 103 puntos o que lle garante un ano máis nesta categoría. Destacarían por parte dos pontevedreses, nun encontro gañado polo Pamplona Grupoempleo, as victorias de David Abalde no 400 m.l., Lysvanys Arlys en altura e David Ferrer en Lonxitude.

Un pouco máis complicado resultaba a priori o encontro do do RIA Ferrol en Valladolid. Malia elo as ferrolanas farían un sensacioal encontro no que cederían tan só ante o At san Sebastián acadando a segunda posición e mantendo con autoridade o posto un ano máis na máxima categoría. Por parte das ferrolanas destacarían as victorias de Paulette Natacha nos 400 m.v., Cristina Palacios en altura, Aldara Alvarez en disco, e integrantes do relevo do 4×400 m.

Na primeira División feminina presenza no encontro de Burgos dos conxuntos Atletismo Femino Celta e Sociedad Gimnástica que acabarían ocupando os postos 7º e 8º respectivamente na fase de ascenso. Por parte das galegas trunfo parcial de Nedian Nori do Celta nos 100 m.l.

Por último na categoría masculina, durísimo encontro para o Real Clube Celta en Moratalaz na que os vigueses tiveron que empregarse a fondo para evitar o que sería sen lugar adúbidas a sorpresa da xornada. Afortunadamente ó remate posto 13º nesta fase de permanencia para os celestes quen os deixa un ano máis nesta categoría.

Resultados

Compartir: