Resultados

Nova equipación do Comité Galego de Xuices

Estanse recibindo as novas equipacións que vistarán os xuices do Comité Galego e que sustituirán ó antiguo uniforme característico de cor laranxa que dende fai varias tempadas viña distinguindo ó colectivo en cada unha das probas oficiáis.

Con esta medida cúmplese o compromiso adquirido pola FGA co estamento de xuices a través da cal dotarase a cada un dos membros en activo e con ficha en vigor dun pantalón longo negro, chuvasqueiro, cortaventos, polo, bandoleira e gorra de cor azul, cos rótulos dos logos da Federación Galega de Atletismo, Deporte Galego e ABANCA.

O reparto efectuarase nas vindeiras datas previo asinado do documento de retirada e de compromiso de emprego responsable do mesmo segundo as normativas vixentes.

Compartir: