Resultados

Distincions ó merito Deportivo da Xunta de Galicia

O pasado dia 29 de maio foron publicados oficialmente no Diario Oficial de Galicia, a relación de distinguidos ó Merito Deportivo que anualmente a Xunta de Galicia concede a personas, entidades ou eventos significativos no deporte

Nesta edición o atletismo estaría representado por dous adestradores e un atleta cuios innumerables méritos ó longo da súa traxectoria serían determinantes para esta distinción. Así o atleta internacional Ramón Tasende sería valorado polo seu amplo curriculum deportivo que nos fináis dos 60 e 70 levaríao a acadar a internacionalidade en múltiples ocasións.

No apartado de adestradores Raimundo Fernández sería outro dos homenaxeados grazas entre outros moitos méritos, ó de ter adestrado a un gran número de campións de España e lanzadores olímpicos ó longo da súa dilatada traxectoria. Por último do tamén técnico Primitivo Simón Busnadiego valorariaselle a súa implicación, dinamización e promoción das categorías inferiores no seu paso por Marín.

Ligazón

Compartir: