Resultados

Dez novos récords galegos no autonómico de Veteranos

As pistas de Atletismo Pereiro de Aguiar deron acollida o pasado domingo 28 de Maio ós Campionatos de Galicia de Veteranos, o de Marcha Cadete e Xuvenil asi como o de 5000 m. da categoría xuvenil

Os trunfadores xuveniles nos 5000 m. serían Juan Santiago Cacharro do Lucus Caixa Rural con 16.32.57 e Sonsoles Martín do ADAS-Proinor con 18.48.54. Na proba de marcha cadete títulos para Hugo Martínez do Franciscanos de Lugo con 24.22.19 e para Ana Piñeiro do Vila de Cangas no 15.27.23, correspondendo os ouros da categoría xuvenil para Iria Rivas do A.Cuntis con 26.05.48 e para Roberto Vieiro do C.A. Santiago con 22.20.65.

De maneira parella á disputa destas probas, continuábase a competición dos veteranos na que o máis salientable serían os fantásticos dez novos récords de Galicia batidos por:

Araceli Salgueiro do Samertolomeu nos 200 m.l. W-45 con 29,65, Eduardo Pinedo do C.A.Sada nos 400 m.l. M-65 con 1.10.91; Saturnino González do veteranos de Ourense nos 5000 m. M-55 con 16.26.38; Teresa Castro do C.A.Noia nos 5.000 m. W-45 con 17.56.21; Raquel Lameiro do ADAS-Proinor en Altura e Lonxitude W-40 con 1.50 e 5.10 m.; José Barreiro do ADAS-Proinor en lonxitude M-70 con 2,87; Julio Fernández do Ourense en Peso M-75 con 8.19; José Almudi do ADAS-Proinor en Xavalina M-75 con 18.94 m. e Ignacio Fernández do RCC en Martelo M-35 con 59.62 m.

Ligazón

Compartir: