Resultados

Eva de la Fuente e Alberto Carou, Campións Galegos de Trail

Desenvolveríase hoxe na Pobra do Caramiñal o III Campionato de Galicia de Trail baixo un fantástico ambente de deportividade, compañerismo e respeto pola natureza que xuntaría a un selecto grupo de atletas os cales tiveron que sortear o esixente pero incrible en canto a contorna, circuito de carreira.

O Clube Vagalume Enerxía sería o claro domiñador do campionato logo de acadar tanto o trunfo por clubs como as victorias individuáis dos seus atletas absolutos Eva de la Fuente cun rexistro de 3h.26.03 e de Alberto Carou con 2h.31.14. Xunto eles o podium quedaría formado por María José Grobas do Clube Atletismo Boimorto con 3h.55.04 e por Ana María Ferradás do Atletismo Ribadeo con 4h.45.43. Na categoría masculina José Carlos Buján do Noitebra cun rexistro de 2h.32.23 ocuparía a segunda posición e Marcos Antonio Pascual do C.D.Ría de Arousa con 3h.37.23 sería bronce.

Ligazón

Compartir: