Resultados

Título de Campión Galego de Aire libre para Ría Ferrol e Sociedad Gimnástica

Este sábado desenvolveríanse nas pistas ferrolanas da Malata a edición correspondente o Campionato de Galicia de Clubs de Aire libre que tería no RIA Ferrol-Concepción Arenal en Mulleres e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra en homes os clubes gañadores 2016-2017.

As mulleres do RIA-CCA basearían o seu trunfo na regularidade que as faría colleitar un total de 143 puntos (sete trunfos, sete segundos postos e dous terceiros). Xunta as departamentales segunda posición para o Atletismo Feminino Celta con 121 puntos, gañador da edición tanto do ano pasado como da Copa indoor da presente, correspondendo o terceiro lugar para a Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 113 puntos. Na categoría masculina trunfo máis comodo para para a Sociedad Gimnástica con 144 puntos (once trunfos, catro segundos postos e dous terceiros) polos 106,5 p. do Real Clube Celta e os 96 p. do Atletismo Narón segundo e terceiro respectivamente.

Como dato individual salientable sinalar o Récord de España W-40 batido da atleta do ADAS-Proinor Raquel Lameiro en triple salto con 11.41 no seu primeiro intento (11.41/11.38/X/11.08)

Ligazón Ligazón

Compartir: