Resultados

Continúa a concentración da Escola de Marcha da Deputación de Pontevedra

Dende o pasado dia 9 e ata o vindeiro dia 12 de abril estase a desenvolver a concentración de Semana Santa do sector de marcha atlética organizada pola Escola de Marcha da Deputación de Pontevedra e a Federación Galega de Atletismo na contorna da praia da Lanzada.

Dirixidos por Carlos Morales e os técnicos Jose Antonio Pardal e Daniel Abeledo, atópanse concentrados 30 atletas de entre os 11 e os 18 anos, a gran maioria da citada escola malia que tamén cóntase ca presenza de marchadores de Santiago, Friol, Lugo, Sada e Rianxo.

Segundo Carlos Morales “O obxectivo principal destas concentracións é o adestramento conxunto durantes estes dias, malia que tamén aproveitamos para manter charlas e xuntanzas entre técnicos e atletas a nivel colectivo e individual. A maiores convidamos a Anxo Carrera, graduado en nutrición, quen aportaría o seus coñocementos en falarnos sobre a alimentación no deporte”

Compartir: