Resultados

Riazor Coruña e Gimnástica de Pontevedra Campións Galegos de Combinadas

As pistas do CGTD de Pontevedra deron acollida unha nova edición correspondente o Campionato de Galicia de Probas Combinadas por Clubs e Veteranos que xuntaron na cidade do Lérez os millores especialistas galegos do momento.

No transcurso do campionato que se desenvolvería durante o sábado e domingo a victoria por clubes correspondería na categoría feminina ó Riazor Coruña sendo o título nos homes unha vez máis para a Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Na categoría dos veteranos trunfos individuáis para Xosé Rivera (At. A Silva) con 3650 p. e María Teresa Janeiro (At. Cuntis) con 2475 p. nos maiores de 35; María José Fraga de A Silva imporíase na W-40 con 2629 p. o mesmo que María de los Angeles Bernárdez do Samertolomeu con 3479 p. e José Domínguez Caballero de A Silva con 5304 p. na categoría maiores de 45; Alberto Alvarez de A Silva proclamaríase campión galego na M-50 con 3986 p., sendo o trunfo na W-55 para a campiona mundial de xavalina María de los Angeles Rodrígez de A Silva con 2473 p. Para rematar en M-65, título autonómico para Luis Manuel Eyre do C.Universidade de Santiago con 2217 p.

Ligazón

Compartir: