Resultados en directo

Leticia Fernández e Alberto Chaves domiñaron no galego de Milla en Ruta

Desenvolveuse no Concello de O Pino o Campionato de Galicia de Milla en Ruta baixo un gran ambente atlético. O tempo moi propicio para o desenvolvemento desta cita, xuntaría a moitos curiosos e público en xeral que animarían en todo momento ós moitos atletas que tanto populares como federados se darían cita.

As probas que darían comezo cas categorías de promoción as 18.30 horas iríanse desenvolvendo de maneira ininterrumpida ata a as 22.40 momento no cal se presenciaría a saida das probas do Campionato Galego Absoluto. Nelas trunfo de Leticia Fernández do ADAS-Proinor que marcaría un rexistro de 5.20. Tras dela ocupando postos de podium estarían Rocío Alvite (SAR-Vermut Petroni) e Ariana González do Trega. Na categoría masculina e nunha chegada moi apretada entre Alberto Chaves e Fernando Vales ambos do C.A. Santiago, trunfo do primeiro con 4.41. O bronce sería para Martín Regueira do A.Narón.

Noutro orden de cousas salientar os récords galegos na proba benxamín dos 1000 m. Ruta de Alex Sierpes (Trega) con 3.31, así como os récords da milla de Juan Gude (LUCUS-C.R.Galega) 4.44 na M-40; Rocío Alvite (SAR Vermut Petroni) 5.22 na W-35; Noemi Moral (Verxel Nutrición) 5.46 na W-40; Luisa Armesto (C.A.Sada) 7.37 na W-65 e Eduardo Miguel Pinedo (C.A.Sada) con 6.00 na M-65,

Ligazón