Resultados

31 novos Récords Galegos indoor no mes de Marzo

Ca pista cuberta xa rematada e cunha cada vez máis frenética actividade nos fins de semana na que se misturan as probas de pista e ruta compre facer balance deste último mes na pista cuberta na que se batirían nada menos que un total de 30 novos récords galegos.

Pista Cuberta Categoria Feminina: Celia Puente (Marineda) 8.12 50 m.l. Benxamín; Lucía Sánchez del Valle (C.Franciscanos de Lugo) 8.40 nos 50 m.v. e 10.47 nos 60 m.v. Infantil; Paula Iglesias (Riazor Coruña) 55.99 nos 400 m. Junior; Ana Peleteiro (Adidas) 14.20 en Triple Promesa e Absoluto; Enma Valencia (A.F.Celta) 8.36 nos 60.m.l. W-35; 4 x 200 C.A.A Silva con 2.07.76 W-35; Mónica Yáñez (ADAS-Pronior) 2615 Pentathlon W-35; Raquel Lameiro (ADAS-Valdeorras) Lonxitude con 4.99 e Triple con 11.26 W-40; Monserrat Fernández (C.A.Sada) 9.08 nos 60 m.l. W-45; Luz María Domínguez (Burgas Ourense) 400 m.l.con 1.08.21 W-50 Esther Pedrosa (U.Santiago C.) 5.17.03 nos 1500 m. na W-55; Luisa Armesto (C.A.Sada) 1.30.49 nos 400 m.l. na W-65;

Pista Cuberta Categoría Masculina: Alex Sierpes (S.A.Trega) con 3.23.12 nos 1000 m.l. Benxamín; Pepe Sánchez del Valle (C.F.Lugo) 8.98 nos 60 m.l. Alevín; Carlos Alvarez (C.F.Lugo) 6.56 en Lonxitude e 3815 en Exhatlon Cadete; Pedro Osorio (Ria Ferrol) 1.52.95 nos 800 m.l Xuvenil; Miguel Gómez (R.C.Celta) 7.07 nos 60 m.l. e 22.50 nos 200 m.l. M-35; Fernando Paredes (R.C.Celta) 14.63 en Peso M-40; José Fernández Sanguiao (Verxel Nutrición) nos 400 m.l. con 59.72 M-55; José Bao (ADAS-Proinor) 8.21 nos 60 m.l. e 27.76 nos 200 m.l M-60; Domingo Alvarez (Burgas) 1.02.58 nos 400 m.l., 2.23.34 nos 800 m.l. e 4.55.90 nos 1500 m.l. M-60; Xosé Lois Otero Cepeda (U.Santiago C.) 4.59.69 nos 1500 m.l. e 10.29.39 nos 3000 m. M-65;

Compartir: