Resultados

Pedro Osorio e Raquel Meaños poñen o broche ó Nacional Xuvenil

A última xornada do Campionato de España Xuvenil de Pista cuberta remataría esta mañán ca sensacioal nova da consecución de dúas novas medallas para o nosos representantes.

Sería na proba dos 800 m.l. onde tanto na categoría masculina coma na feminina se saldara con dous novos podiums. En concreto a representante da A.D.Mazí Raquel Meaños nunha final moi igualada acadaría o subcampionato nacional logo de facer un rexistro de 2.14.23 e millorar a súa marca persoal nunha carreira de superación na que o título gañaríase con 2.14.08. Nesta mesma proba Lucía Sicre do RIA Ferrol sería quinta con 2.15.66

A outra fantástica nova sería protagonizada por Pedro Osorio do RIA Ferrol quen na final dos 800 m.l. acadaría o título de Campión de España cun rexistro de 1.52.95 que representa ademáis un novo Récord Galego Xuvenil, e que sustitúe os 1.54.6 que dende o ano 1991 tiña Leonardo Piñeiro. Con este título nacional engade outro ouro nacional ó xa acadado no ano 2015 sendo cadete nos 1000 m.l. Actuacción Galega

Ligazón

Compartir: