Presentación en Vilalba do Campionato Galego de Cross Escolar

No dia de onte acontecería no Concello de Vilalba a presentación do Campionato de Galicia de Campo a Través Escolar que se desenvolverá o vindeiro sábado dia 11 de Marzo na zona de A Magdalena.

O acto contaría ca presencia do alcalde do Concello Agustín Baamonde, o Xefe do servizo Provincial de Deportes de Lugo Manuel Cadramón, o Coordinador de Deporte na Terra Cha Manuel Somoza e o Delegado da FGA en Lugo Pablo Gandoy. No acto falarían da importancia deste evento, así como dos pormenores do mesmo salientando a presenza en cada categoría dos dous millores equipos clasificados a nivel provincial así coma o dos oito millores atletas individuáis, que loitarán na procura do prezado título autonómico.

O Campionato dará comezo as 11.30 horas téndose previsto dar a salida a ultima proba as 13.10 horas.

Ligazón

Compartir: