Resultados en directo

Un 3000 m. con marcado acento lucense

Un total de 27 atletas galegos están a parte no Campionato de España Junior de Pista cuberta que se desenvolve no Palau Velódrom Lluís Puig de Valencia durante esta fin de semana.

Xa na primeira xornada o máis salientable sería esa final masculina dos 3000 m. onde se cumplirian os pronosticos e o recórdman nacional tanto nos 1500 m. como dos 3000 m. Adrián Ben acadaría o título de campion nacional logo de invertir un rexistro de 8.24.53. Na segunda posición chegaría o noso outro representante o atleta do Lucus Caixa Rural Galega Miguel González quen faría valer a súa segunda millor marca nacional do ano entrando con 8.27.32 e imprimindo a esta proba un marcado acento galego.

O outro foco de atención estaba na proba dos 400 m. onde Paula Iglesias do Riazor Coruña gañaría a súa serie semifinal con 57.25 establecendo a millor marca das participantes e postulándose como favorita ó titulo na final que se desenvolverá as 12.00 horas deste domingo

Ligazón