Remata a participacion das galegas en Belgrado

Ca fantástica quinta posición na final de hoxe en triple salto de Ana Peleteiro, remata a participación das atletas galegas nestos Campionatos de Europa Indoor na que sen lugar a dúbidas a de Barbanza sería a gran protagonista logo de meterse no dia de onte e pola porta grande na final cunha MMP e récord de España su-21 de 14.20 m. Ca confianza que da a súa xuventude e calidade, comezaría o concurso cuns magníficos 14.13 m. Con este salto (o terceiro millor a nivel persoal) iría desenvolvéndose a final na que faría nulos os dous seguintes. Xa no cuarto iríase ata os 13.72 m e ata os 13.65 no quinto para rematar a súa participación cun nulo e ca quinta praza da final que sería gañada pola a xermana Gierischc con 14.37 m.

A outra das galegas en tomar parte nestos europeos, Solange Pereira participaría onte na terceira serie eliminatoria dos 1500 m. onde clasificaban para a final as dúas primeiras de cada serie así coma os tres millores tempos ós que intentaría acceder grazas ós 4.13.54 acadados en Valencia o pasado 10 de febreiro. Xa na semifinal e nunha proba na que ela mesma chegaría a comentar que non correría nada cómoda, remataría na cuarta posición cun rexistro de 4.15.09. que non lle darían opción a estar na final de hoxe que sería gañada pola británica Laura Muir con 4.02.39

Ligazón

Compartir: